Estudo sobre Redes Sociais e Dominación Masculina

Estudo sobre Redes Sociais e Dominación Masculina

Andamiaxe vai colaborar co Taller Permanente de Masculinidades e Cambio Social do Instituto de Ciencias da Eduacación da Universidade de Santiago de Compostela, na elaboración dun estudio sobre “Redes Sociais e Dominación Masculina”.

Neste proxecto de investigación preténdese reflexionar sobre a construción de identidades de xénero, ou como se aprende a ser home, a través dos novos amos patriarcais que son as redes sociais, interesantes pola súa capacidade de propor entretemento a través do sustrato machista que subxace á nosa cultura. Mentres estamos na rede exercitamos e pomos en práctica formas de interacción que reproducen a estrutura androcéntrica, interiorizando modelos de forma acrítica.

A investigación consta de tres partes; na primeira, na que se está traballando neste momento, estase levando a cabo a fundamentación teórica do estudo dende o paradigma das novas masculinidades e da teoría feminista; a segunda, desenvolverase en centros públicos de Ensino Secundario e Postobrigatorio da Cidade de Santiago de Compostela, coa realización dun cuestionario sobre as percepcións e valoracións das dimensións analizadas sobre o uso de redes sociais por parte dos/as adolescentes; por último, expoñeranse as principais conclusións as que se chegaron no estudo.

Máis información: http://www.usc.es/gl/institutos/ice/masculinidades/novas.html