Levamos a cabo traballos de planificación, asesoramento, deseño, intervención e avaliación de programas e accións con perspectiva de xénero.
– Sensibilización a través de cursos, xornadas, congresos, exposicións, relatorios…
– Formación en igualdade (obradoiros de coeducación, corresponsabilidade, prevención da violencia), orientación laboral, habilidades sociais, técnicas de estudo…
– Elaboración de materiais. Realizamos estudos, informes, plans de igualdade de oportunidades, guías, unidades didácticas e plans formativos.
– Audiovisuais e escénico. Deseñamos e creamos proxectos audiovisuais e escénicos encamiñados a sensibilizar a cidadanía sobre diversas temáticas sociais. Empregamos recursos audiovisuais como son as curtas e os documentais, e escénicos como o teatro e a performance.