A empresa

Andamiaxe  é unha empresa galega creada no ano 2006 en Padrón (A Coruña), posteriormente no ano 2007 constitúese como Andamiaxe Innova, S.L., co propósito de desenvolver proxectos comprometidos coa igualdade no eido social e laboral. Para elo aplicamos a perspectiva de xénero no asesoramento, deseño, intervención e avaliación das nosas actuacións, co obxectivo de ofrecer un servizo integral e de calidade que de resposta, dun xeito satisfactorio as entidades coas que traballamos no ámbito da administración pública, organizacións sociais e empresas privadas.

Durante estes anos realizamos actividades de sensibilización, xornadas, formación, informes, plans de igualdade, investigacións… Na actualidade seguimos traballando en temas relacionadas coa igualdade de oportunidades e a intervención social e educativa. Outra das liñas de traballo son os proxectos relacionados coa produción escénica e audiovisual dende unha perspectiva social e de xénero.

Andamiaxe conta con unha ampla rede de profesionais, con experiencia no ámbito da igualdade de xénero, na intervención social e educativa, e na produción audiovisual, que colaboran coa nosa empresa no desenvolvemento dos proxectos.